1

 

O  Concello de Quiroga ben de pechar a ampla oferta cultural para as vindeiras  Festas de Nadal.

Ademais do Certame de Poesía de Nadal e do Concurso de Postais, xa convocados co  gallo do Nadal, nos vindeiros días desenvolveranse  distintas actividades nas que poderán participar todos os veciños e veciñas segundo os seus intereses.

O  día 17 ás 11:30h. terá lugar no Telecentro  unha videoconferencia con Papá Nel a que poden acudir todos os nenos e nenas que o desexen para facer as súas peticións e á que xa confirmaron asistencia os alumnos e alumnas de infantil do CEIP.  de Quiroga.

O día 18, no Museo Etnográfico Municipal ,inaugurase unha exposición dos traballos do curso de cestería que alí se está impartindo e que se poderá visitar ata o mes de xaneiro.

O día 19, as 11:30 no Salon de actos da Casa da Cultura presentarase o libro “Os Bolechas van a Quiroga”.

Xa o sábado día 20, a partir das 19:00h., terá lugar no Auditorio Municipal  o Concerto de Nadal coa  actuación  da Coral Polifónica de Quiroga , do Grupo de Danzas “San Martiño”, a Banda de Gaitas “San Martiño”, o Grupo de Danzas “Arume de Queiruga” e os  Alumnos que acoden ás clases de piano impartidas ao longo do ano.

No transcurso de este acto,  entregaranse os premios do Concurso de Postais e  do X Certame de Relato Curto, organizados dende Áreas de  Educación e Xuventude respectivamente.

A xuventude pode participar nos Campionatos de Nadal que se desenvolverán nos Pubs da Vila dende o día 19 de decembro  ata o día 5 de xaneiro.

2

 

O día 28, terá lugar un Concerto Solidario de Canto e Piano no Auditorio Municipal a cargo de Josep Ramos.

O día 30, na Casa da Cultura, ás 19:00 h, espectáculo  infantil de Maxia a cargo do Mago Tonino, esta actividade está patrocinada polo Concello de Quiroga e a Excma. Deputación Provincial.

No eido deportivo,entre os días 26, 27 e 28 haberá un Torneo de Fútbol- Sala  e  o día 31  a “I Carreira Marcha Solidaria Fin de Ano”.

A Área de Educación, entre outras actividades,  ten organizado para os día 22 e 23 a “Ludoteca de Nadal”e xunto coa Área de Xuventude  o “Decoración de Cupkaces para o Nadal”.

O Centro Social organiza para os socios varias actividades de convivencia social así o día 18 ten organizada unha merenda cea  e o día 28 un baile especial para celebrar xuntos as derradeiro domingo do ano.

Estas  e máis actividades conforman o  programa de Nadal que  rematará o día 5 coa Gran Cabalgata de Reis.