Programa de actividades das Festas do Cristo 2014 do Barco para hoxe domingo

concello do barco cartel cristo 2014

Hoxe comezan cedo as actividades xa que ás 8:00 celebrábase O Madrugón, baixada a nado desde a Ponte de San Fernando ata o Malecón.

Xa cara as 11:00h, as rúas e prazas do Barco estarán amenizadas cos sons da Banda A Lira de Ribadavia. O grupo de gaitas Trenla acompañará as calantornias e os cabezudos no seu percorrido.

Ás 12:00 será a procesión e a continuación misa solemne, na praza Maior, na honra de Xesús Nazareno.

Poderemos desfrutar ás 13:30h dun concerto no Malecón da Banda A Lira de Ribadavia que repetirá actuación, na praza Maior, ás 19:00h.

Outra cita deportiva do día será a celebración da XXVIII Milla Urbana do Barco.

Xa cara a noite, no Campo da Festa haberá un baile amenizado pola orquestra Os Satélites, que fará outra actuación a partir das 00.30 h en sesión verbena.

Tamés ás 21:00 haberá na Praza Andrés de Prada un concerto do grupo Faltriqueira, dentro do programa «Cultura no Camiño».

Ás 22:30 h. Gran sesión de fogos artificiais no río Sil.

También te podría gustar...