Programa da Cabalgata de Reis no Barco para o vindeiro luns día 5

Concello de O BarcoUnha das citas máis esperadas do ano para os cativos será este vindeiro luns día 5 de xaneiro, cando ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que chegarán O Barco cargados de agasallos para ir deixando, pola noite, nas casas dos nenos e as nenas dco concello Os ilustres visitantes deixaranse ver polas rúas máis céntricas da Vila a partir das 17h30 para saudar logo a todos os barquenses desde o balcón da Casa do Concello.

A cabalgata da ilusión partirá ás 17h30 da Estación de autobuses, pois os Reis chegarán ao Barco en este medio de transporte. Tras ocupar, cada un co seu séquito de paxes, a carroza preparada especialmente para a ocasión, a comitiva percorrerá as avenidas de Galicia, Conde de Fenosa e Marcelino Suárez botando caramelos ao seu paso para concluir na praza do Concello, onde serán recibidos polo alcalde e outros membros da cámara municipal momentos antes de subir ao balcón do edificio consistorial para dirixir o seu tradicional saúdo.

Logo deste acto, que se agarda multitudinario, os Reis e os seus axudantes comezarán unha intensa noite visitando todas as casas onde foi requirida a súa máxica intervención por algún rapaz ou persoa maior que quixo ser neno por un día.

También te podría gustar...