Primeira Xornada de Fomento do Cooperativismo (aproveitamento forestal) da nova Oficina de Fomento Cooperativo de Viana do Bolo

viana do boloXa anticipáramos fai unhas semáns que se iba a promover unha figura dun asesor técnico dentro que traballase nos concello de Viana do Bolo, A veiga, O Bolo e Manzaneda para reactivar a Oficina de Fomento Cooperativo Macizo Central – Trevinca no vindeiro mes.

Pois esta oficina está en marcha xa é terá un horario de apertura aos interesados de o venres entre as 10:00 e as 13:00h. Esta Oficina de Fomento Cooperativo, situase no departamento de Servicios Sociais do Concello.

E propón una Xornada de Fomento do Cooperativismo (aproveitamento forestal). Esta acción formativa enmárcase no programa de actuación 2014 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social.

A través da Rede Eusumo:

•Foméntase o espírito emprendedor a través da fórmula cooperativa.

•Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

•Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo.

A xornada, de carácter gratuíto, terá lugar os vindeiros 20 e 21 de Outubro na Sala Multiusos do Concelo de Viana do Bolo

Prazo de inscrición: ata o 20 de Outubro

Entregarase diploma de asistencia.

Pódese inscribir chamando ao teléfono 988.329.260 ou a través do correo electrónico: cooperativismo.macizoc_trevinca@yahoo.es

También te podría gustar...