Deputación Ourense

 

No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense terá lugar a presentación do proxecto ALDEA DOS NENOS, resultado dun taller de mobiliario urbano promovido pola Deputación de Ourense e coordinado por Acisclo Novo e Leonardo Lamas. Os participantes reciclaron diferentes materiais para convertelos en elementos de ocio para os máis novos. No proxecto, ademais da Deputación e do Centro Cultural “Marcos Valcárcel”,  participa o Campus de Ourense. A presentación contará coa presenza de Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Virxilio Rodríguez, vicerreitor do Campus; Francisco González, director do Centro Cultural, e os creadores Acisclo Novo, Marta García, Jorge Estévez, Ana Dorribo e Chus Lamas.