Presentación do libro «O pequeno é grande, a agricultura familiar como alternativa: O caso galego», hoxe no Multiusos do Barco

o pequeno e grande  

Hoxe, ás 20,00 horas, presentase no Salón Multiusos do  Barco o libro «O pequeno é grande, a agricultura familiar como alternativa: O caso galego».

Este libro analiza a importancia da agricultura a pequena escala, sen intención de contrapola á agricultura chamada profesional porque cada unha ten o seu espazo. É unha convinación de revisións bibliográficas, investigacións e conclusións propias, hipóteses e ideas prospectivas. Nese sentido ten a intención de presentar un conxunto de ideas e propostas para incentivar un debate necesario na nova fase que deberá comezar para a agricultura galega.

Os autores e intervintes no acto serán:

Xoán Carlos Carreira: Doutor enxeñeiro agronomo, profesor de Enxeñería Agroforestal na USC

Emilio Carral Vilariño: Doutor en Ciencias Biolóxicas, profesor da Ärea de Ecoloxía da USC

También te podría gustar...