Depu_150_100No sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense tivo lugar a presentación da X edición da Subida O Furriolo.

O acto contou coa presenza do deputado de deportes, Juan Anta, o asesor de deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, o alcalde de Celanova, Jose Luis Ferro, a alcaldesa de A Bola, Teresa Barge, o presidente da Mancomunidade Terra de Celanova, Jose Antonio Pérez Cortés, o presidente da escudería Celanova Motor organizadora da subida, Jorge Varela Novoa, o presidente da Federación Galega de Automovilismo, Iván Corral e en representación de Seat Celanova Motor, Jorge Varela Álvarez.