Deputación Ourense

 

Hoxe, ás 11:30h, terá lugar na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, a presentación da iniciativa solidaria “Axúdanos a axudarlles”, na que colaboran unhas vinte empresas e entidades públicas.

O acto contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e do promotor da iniciativa, Óscar Castillo, quen xunto con outras autoridades darán conta desta acción solidaria.