Percorrido da Cabalgata dos Reis en O Barco

Concello de O BarcoA cabalgata da ilusión partirá ás 17h30 da Estación de autobuses, pois os Reis chegarán ao Barco en este medio de transporte. Tras ocupar, cada un co seu séquito de paxes, a carroza preparada especialmente para a ocasión, a comitiva percorrerá as avenidas de Galicia, Conde de Fenosa e Marcelino Suárez botando caramelos ao seu paso para concluir na praza do Concello, onde serán recibidos polo alcalde e outros membros da cámara municipal momentos antes de subir ao balcón do edificio consistorial para dirixir o seu tradicional saúdo.

Logo deste acto, que se agarda multitudinario, os Reis e os seus axudantes comezarán unha intensa noite visitando todas as casas onde foi requirida a súa máxica intervención por algún rapaz ou persoa maior que quixo ser neno por un día.

También te podría gustar...