cine en O barco

Foto: Concello do Barco

 

O xoves día 3 de xullo (22h30) terá lugar na Pradeira da Bada (Casas Baratas) a presentación das películas documentais de Anxo Santomil “O Barco de Valdeorras, as imaxes da memoria” (2013) e “Un século de fútbol no Barco” (2014) e a longametraxe “Entreparadas” (2013) de Toño Chouza

O realizador Anxo Santomil introduce nestes dous documentais a técnica de animación en 3D sobre imaxes antigas de fondos documentais do Barco de Valdeorras. O resultado impacta con forza no espectador e supón unha interesante achega no mundo do documentalismo. As dúas películas teñen en común o trataren aspectos inéditos da historia local, valorizando o seu patrimonio cultural e os arquivos fotográficos en particular.

“Entreparadas” (Premio ao mellor filme no FECIDISCOVI 2013 de Collado-Villalba), de Toño Chouza, Cóntanos a historia de 16 persoas anónimas que atesouran experiencias vitais únicas. A longametraxe fixa a súa mirada en Xosé, con parálise cerebral e Felisa, inmigrante invidente, que comparten unha experiencia que marcará as súas vidas con outras persoas de diferentes colectivos.

Máis información web do Concello do Barco