Ourense protagonista indubidable de ‘La Vuelta’ 2016

  • Na 71ª edición da proba ciclista disputaranse catro etapas en territorio ourensán
Manuel Baltar e Javier Guillén na presentación da Vuelta a España 2016

Manuel Baltar e Javier Guillén na presentación da Vuelta a España 2016

 

A presentación da «Vuelta a España» 2016 que tivo lugar hoxe no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela onde se desvelaron todos os detalles do percorrido onde se deixou claro o indubidable protagonismo que terá a provincia de Ourense nesta proba deportiva. «A propia denominación «Ourense Termal-Madrid» alude ao noso papel como berce da 71ª edición da proba ciclista» asegurou o presidente da Deputación de Ourense.

Ourense será a provincia protagonista da «Vuelta a España» 2016 coa disputa de catro etapas en territorio ourensán, que terá como puntos de saída ou chegada os concellos de Cenlle, Arnoia, Nogueira de Ramuín, Castrelo de Miño e a capital ourensá. Manuel Baltar destacou que «este é o resultado dun traballo intenso dos últimos anos, encaixando na filosofía Ourense Deporte do Plan 15-19 de xestión e estratexia operativa da Deputación de Ourense».

A «Vuelta a España» é un evento que xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia configuran «as carreiras ciclistas máis importantes do mundo, sendo seguida por máis de 150 países e do que a organización estima que terá un retorno económico mínimo de 1,7 millóns de euros para a provincia de Ourense», afirmou o presidente do ente provincial.

A presentación de equipos da proba ciclista será en Arnoia, a primeira crono entre Laias (Cenlle) e o Parque Náutico de Castrelo de Miño (dúas vilas termais); a segunda, que terá a saída na cidade de Ourense (a capital termal de Galicia); a sexta terá como meta a localidade de Luintra (en plena Ribeira Sacra); e a sétima sairá de Maceda (vila ciclista por excelencia). En total, serán «catro etapas ourensás e un gran impacto mediático e promocional nos máis de mil millóns de espectadores dunha das probas ciclistas máis importantes do mundo», destacou Manuel Baltar.

A Deputación de Ourense e a «Vuelta a España» 2016 son «cooperadores necesarios e o noso territorio terá un gran escaparate ao mundo o próximo mes de agosto», manifestou o presidente da Deputación de Ourense.

Manuel Baltar na presentación da Vuelta a España 2016

También te podría gustar...