Ourense contará cun portal web para achegar información aos posibles investidores en parques empresariais

1A A A Pol S Cibrao 2014

 

Ourense contará cun portal web para achegar información aos posibles investidores en parques empresariais.

O presidente da Deputación de Ourense dixo onte átarde, na clausura da asamblea da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, que o Plan estratéxico de parques empresariais que promove a institución provincial «contará cunha ferramenta de difusión que será un portal web que permitirá a calquera investidor acceder á información necesaria para facer atractivo o seu investimento na provincia: parcelas, condicións, situación, servizos, empresas do entorno, facturacións, tempos medio de tramitación de expedientes e financiamento».

Na súa intervención, Baltar dixo que San Cibrao das Viñas «é un territorio empresarial con máis de trescentas empresas e máis de oito mil traballadores, un espazo de xeración de riqueza e de emprego, cunha traxectoria consolidada», e aproveitou para recoñecer o traballo da asociación, personalizado na súa dirección, na persoa de Elías Mera, «entidade con quen o goberno provincial mantén unha alianza estratéxica baseada na palabra que máis debemos empregar e poñer en valor: a cooperación. Somos Ourense e facemos Ourense, un territorio de 7.273 km2 que ten un problema demográfico evidente que precisa decisións públicas que atraían investimentos».

O presidente provincial subliñou que a crise serviu, na Deputación, para executar o Plan Ourense 92 de xestión e estratexia operativa, con novos retos e cun cronograma de implantación. «Un goberno provincial cun proxecto político e cun guión a seguir». Neste senso, o presidente provincial apuntou que con este escenario «reducimos en máis dun 30 % o persoal, máis da metade a débeda, dividimos por dez o tempo medio de pago a provedores, situámonos entre os tres gobernos provinciais de España máis transparentes e consolidamos o noso papel de goberno rigoroso, ambiental e cooperador», e lembrou que por primeira vez na historia «aprobaremos os orzamentos do ano próximo neste mesmo mes de outubro, coa anticipación suficiente para que estean plenamente operativos o 1 de xaneiro de 2015».

Baltar destacou que a Deputación de Ourense está a executar tamén o Plan Transforma Ourense, dirixido a potenciar o emprendemento, e que permitirá, nos tres próximos exercicios, «froito do convenio que asinamos co Ministerio de Industria, apoiar a internacionalización das nosas empresas e axudar no deseño da política de parques empresariais. Todo elo a través do Inorde, o organismo autónomo da Deputación».

1A A A Pol S Cibrao1 2014

 

Ourense, en opinión de Manuel Baltar, ten importantes retos por diante, «e verá mellorada a súa situación con fitos cruciais como a chegada da alta velocidade ou a execución do Plan Termal que nos distingue como a provincia termal por excelencia, documento co que pasamos das palabras aos feitos».

En canto á relación do ente provincial coa asociación de empresarios do polígono, Manuel Baltar dixo que a Deputación de Ourense «estivo sempre a carón desta asociación, escoitando e intentando atender propostas que sempre foron racionais, necesarias e fundamentadas, por exemplo, como cando puxemos en marcha o dispositivo de emerxencias cos bombeiros que retribúe a Deputación, un servizo que, mediante convenio, verá reforzada a súa posición».

No eido medioambiental lembrou o presidente que a Deputación conta cun modélico servizo de recollida de lixo que atende as necesidades de 50 concellos que se sumaron ao noso sistema. «Un sistema que, xunto con outras cuestión relacionadas co medio ambiente, formará parte do ámbito competencial da futura sociedade de economía mixta que poremos en marcha e que xestionará tamén o Centro Verde de San Cibrao, despois de que a Deputación nas últimas semanas asumírao trala cesión por parte do concello. Asunción que fixemos para darlle viabilidade e amosar a súa utilidade, en beneficio sempre dos empresarios que o promoveron. En beneficio de Ourense».

Finalmente, Baltar recoñeceu o labor da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, a maior da provincia, destacando que foi quen «de seguir mantendo a súa completa oferta de servizos nun contexto de drástica diminución de axudas públicas», e engadiu que este recoñecemento «quero facelo extensivo ao voso papel histórico como entidade de referencia no ámbito da formación para traballadores e desempregados, sen dúbida de primeiro nivel coa capacidade precisa para conectar os contidos e programas coas necesidades reais do mercado laboral».

También te podría gustar...