Ourense a segunda provincia da nosa comunidade onde se invertirá más diñeiro por habitante o vindeiro ano

Elena Muñoz FonterizOurense a segunda provincia da nosa comunidade onde se invertirá más diñeiro por habitante o vindeiro ano. A Administración galega investirá 732 por habitante en Lugo e 673 euros en Ourense, fronte aos 401 de A Coruña e 396 de Pontevedra.

É o que se desprende dos proxectos de Lei de Orzamentos para 2015 e de Medidas Fiscais e Administrativas que a conselleira de Facenda entregou hoxe no Parlamento.

O proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade galega para 2015 priorizará o gasto nas provincias de Lugo e Ourense co obxectivo de afondar no reequilibrio territorial entre as distintas provincias galegas, ao tempo que aplicará beneficios fiscais a familias e empresas por un importe de 321 millóns de euros, un 4,8% máis que no actual exercicio.

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, entregou hoxe no Parlamento galego o proxecto de Lei de Orzamentos para 2015 e o proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, que inclúen un gasto non financeiro de 8.436 millóns de euros. É a primeira ocasión en que medran as contas da Administracón autonómica dende o ano 2009.

Ademais, a conselleira avanzou que os Orzamentos de 2015 incluirán beneficios fiscais para familias, fogares e empresas por un importe de 321 millóns de euros, o que supón un incremento do 4,8% respecto ao actual exercicio.

Os beneficios fiscais son unha estimación do impacto sobre os tributos autonómicos das medidas de política económica e social da Xunta. Do total de beneficios fiscais en 2015, máis do 87% son beneficios de carácter social.

Prioridades de gasto

Entre as prioridades de gasto da Xunta o vindeiro ano figuran o impulso de infraestruturas sanitarias (124 millóns), no eido hidráulico (142 millóns) ou no sector primario (116 millóns). Tamén se destinan 135 millóns de euros a investimentos en medio ambiente, transportes e enerxías renovables.

Igualmente, a promoción do emprego seguirá sendo unha prioridade no capítulo de gasto e por iso contará con 152 millóns de euros para mellorar a cualificación dos traballadores e a empregabilidade, e 27 millóns para fomentar o traballo autónomo, o emprendemento e as cooperativas.

a crise.

También te podría gustar...