Coa creación de dous obradoiros para fomentar a creación de postos de traballo, o PP cumpriu un dos puntos do seu programa electoral A Rúa.

Vilela

 

Dende hai unhas semanas os veciños de Vilela xa poden disfrutar dun novo espacio público na súa localidade: a Praza do Xestal. Este lugar de recreo foi construido polo Obradoiro de Emprego do Concello da Rúa, nun terreo doado por María del Carmen Arias, veciña do municipio que tamén cedeu o fermoso cruceiro que alí se instalou.

Tras esta primeira fase das obra xa rematada, o alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal, espera que “nos próximos meses poidan retomarse os traballos para mellorar o piso, instalar mobiliario urbano e prantar distintas especies vexetais”.

Programa electoral

Coa posta en marcha dos dous obradoiros de emprego que xestionou durante estos catro anos, o PP cumpriu un dos puntos do seu programa electoral de 2011: a creación de talleres que fomenten a aparición de novos postos de traballo. Ademais de axudar a disminuir o número de desempregados, estas accións permitiron mellorar multiples espacios do Concello da Rúa a través de traballos como os realizados en Vilela ou en Somoza, onde se arranxou o parque infantil e se recuperou o seu entorno.