‘Os Bolechas’ visitarán a A Rúa y Viana do Bolo camiño das olimpíadas

  • Os Bolechas volven ao programa ‘FalaRedes’ da Rede de Dinamización Lingüística
  • O secretario xeral de Política Lingüística e o alcalde de Boqueixón presentaron no Pico Sacro o novo espectáculo participativo protagonizado por esta divertida familia: ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’
  • A actividade percorrerá desde esta fin de semana e ata finais de xullo 31 concellos da Rede de Dinamización Lingüística
  • Visitarán A Rúa e Viana do Bolo

 

image_gallery (1)O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, acompañados por Braulio e Pili Bolechas, presentaron  unha nova actividade do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes 2016’: ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’.

O secretario xeral congratulouse de ter un ano máis o apoio dos Bolechas “para animar os rapaces e rapazas a desenvolverse en galego en todos os ámbitos da vida” e indicou que este ano, “aproveitando a celebración das Olimpíadas, queremos incidir no ámbito do deporte, un espazo fundamental para a socialización dos máis pequenos”.

A actividade iniciará esta fin de semana en Boqueixón, en Silleda e en Vedra o seu percorrido polos 31 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) a onde chegará nos próximos meses. Ademais destes tres municipios, acollerán os Bolechas os de Carral, Dodro, Fene, Fisterra, A Laracha, Melide, Noia, Oleiros, Outes, Monterroso, Viveiro, Celanova, O Pereiro de Aguiar, A Rúa, Verín, Viana do Bolo, Cambados, Campo Lameiro, A Cañiza, Cotobade, Cuntis, Forcarei, Moaña, Mondariz-Balneario, O Porriño, Redondela, Tui e Gondomar.

Previsión:

A Rúa: 29 de Maio ás 18:00 horas no Centro Cultural Avenida

Viana do Bolo: 18 Xuño ás 19:30 horas na Casa da Cultura

 

Espectáculo participativo
Un ano máis, a divertida familia Bolechas, referente galegofalante para os nenos e nenas de Galicia, percorre a Comunidade da man do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’ cun espectáculo que promove a participación dos nenos e nenas na lingua propia de Galicia: ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’.

En efecto, os seis famosos irmáns requirirán a axuda dos rapaces e rapazas asistentes para superaren unha serie de probas e deste xeito venceren o seu antagonista Romualdo. Se, co apoio do público, o conseguen terán garantido o seu pase para as Olimpíadas de Río 2016.
A participación promovida por esta actividade non se limita ao día do espectáculo, pois ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’ ten continuidade a través das novas tecnoloxías, no web www.osbolechas.gal/olimpiadas

As dúas edicións anteriores do programa ‘FalaRedes’ acolleron os espectáculos ‘Os Bolechas na máquina do tempo’ e ‘Os Bolechas e o sabichón’.

FalaRedes
‘FalaRedes’ é un programa de dinamización lingüística para a RDL, que conta xa con máis de 170 entidades locais adheridas.

Neste ano 2016, ‘FalaRedes’ chega á súa quinta edición cos obxectivos de ampliar a oferta de ocio na nosa lingua e dotar os concellos de actividade en galego, de promover o seu uso e valoración social e de apoiar os artistas que desenvolven a súa creatividade na lingua propia de Galicia.

O secretario xeral de Política Lingüística e o alcalde de Boqueixón presentaron no Pico Sacro o novo espectáculo

O secretario xeral de Política Lingüística e o alcalde de Boqueixón presentaron no Pico Sacro o novo espectáculo

También te podría gustar...