Os alumnos do IES Martaguisela do Barco conversarán por videoconferencia co director e actores de A esmorga

A esmorga

 

Os alumnos do IES Martaguisela do Barco poderán conversar por videoconferencia co director e actores de A esmorga, facerlle preguntas e o que consideren este vindeiro venres, 14 de novembro.

Os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato do IES Martaguisela do Barco, a partires das 12:30 da mañá no salón de actos do Centro poderán disfrutar desta nova experiencia educativa e manter unha conversa con actores como Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán «Morris».

‘A esmorga’ é unha adaptación ao cine duhna novel de Eduardo Blanco Amor que se estreará  o día 15 deste mes de novembro, dirixida polo director valdeorrés Ignacio Vilar dentro do Festival de Cine de Ourense. O día 21 será a estrea en toda Galicia.

También te podría gustar...