• A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada LU-604, ao seu paso polo concello de Quiroga
  • Estas actuacións, que se realizarán no treito comprendido entre os PK 0+000 e 1+100, foron adxudicadas á empresa Extraco por máis de 28.000 euros
  • As obras centraranse no estendido dun tratamento superficial no ancho da calzada, que comunica a LU-933 coa estación e Sequeiros, ao carón do río Sil
  • O Goberno galego continúa a traballar na conservación da rede viaria autonómica coa fin de incrementar a seguridade e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida

 

Moncho Diéguez. Sequeiros, a o fondo Quiroga

Moncho Diéguez. Sequeiros, a o fondo Quiroga

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe as obras de rehabilitación localizada do firme na estrada LU-604, en Quiroga.

Estas actuacións de mellora, que se levarán a cabo no treito desta estrada comprendido entre os PK 0+000 e 1+100, foron adxudicadas á empresa Extraco por un importe de máis de 28.000 euros.

As obras, que terán un prazo de dous meses aproximadamente, centraranse na reparación das zonas deformadas e estenderase un tratamento superficial en todo o ancho da calzada da estrada, de 1,1 km de lonxitude, que comunica a LU-933 coa estación e o núcleo de Sequeiros, ao carón do río Sil. Ademais, limparanse os marxes e reperfilaranse as cunetas.

Este tramo está moi próximo a un treito da LU-933 no que tamén se mellorará o firme nas proximidades de Sequeiros.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.