Obradoiro de iniciación ao clown no Teatro Lauro Olmo do Barco

Clown_chili_peppersNo vindeiro mes de outubro, vaise a celebrar os mércores 1, 8 e 15 mailo sábado 18 no Teatro Lauro Olmo do Barco de 17 a 20h30 un obradoiro de iniciación ao clown, tendo lugar no derradeiro día unha presentación aberta ao público na última hora do obradoiro.

Forma parte do programa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística e será impartido por Fran Rei e Pedro Brandariz, da compañía «Os Sete Magníficos máis un», pretendendo incrementar o uso da língua galega entre a mocidade.

Poden inscribirse persoas que teñan cumprido os 16 anos, tendo preferencia aqueles solicitantes que teñan entre 16 e 35 anos. A  inscrición é gratuita e deberá solicitarse cubrindo o presente formulario.

O prazo de solicitude remata ás 14h00 do 28 de setembro, sendo nese mesmo día cando se comunicará a relación definitiva de participantes ata un máximo de vintecinco.

También te podría gustar...