Obradoiro Coeducativo en Quiroga

Moi interesante nos parece a celebración deste Obradoiro Coeducativo en Quiroga, promocionado e organizado pola Oficina de Xuventude do Concello desta localidade que vaise a celebrar o vindeiro día 25 de setembro ás 18:15h, baixo a denominación de ‘Todos somos persoas’.

Está dirixido a rapaces e rapazas entre os 12 e 17 anos de edade e nel queren fomentar entre os nenos o valor da igualdade mediante que se diverten xogando. Para isto proponse a realización de xogos tales como ‘Oca da Igualdade’ no que se busca que os rapaces e rapazas collan conciencia da importancia da igualdade.