Autobus de pasajerosO transporte público por autobús baixou en Galicia 0,2 por cento no mes de maio, fronte á maior baixada do conxunto de España, 0,9 por cento, segundo a Estatística de Transporte de Viaxeiros (TV) do Instituto Nacional de Estatística (INE).

No período de referencia, en Galicia utilizaron este medio 5,2 millóns de persoas.

A taxa anual situouse en valores positivos en sete comunidades, máis nas Canarias (2,8%) e Castela-A Mancha (2,6%) e baixou noutras tantas, en maior grao en Aragón (-4,7%) e Estremadura (-4,5%).

No que vai de ano, a caída en Galicia foi de -1,2 por cento, fronte á baixada media do Estado de -0,1 por cento.

EFE.