• Concerto hoxe, 1 de Xullo ás 20:30 na Igrexa de San Xoán de Éntoma (O Barco de Valdeorras)
  • O Orfeón Valdeorrés actuará dentro da programación ‘De Perto’, espazos de culturna no Barco


orfeon

 

Orfeón Valdeorrés

Foi creado en 1979, actualmente está didirxido por José Ramón Mansilla. O pasado 15 de maio foi galardoado no IV Certame de Música Coral Vila de Arbo co 2º premio e o premio á mellor interpretación pola obra do concurso “San Campio”, balada galega con música de Torres Creo e harmonización de José Iglesias Ramilo.

 

Igrexa de San Xoán de Éntoma

Pertencía a Encomenda de Quiroga que exercía a administración nestas terras da Orde de San Xoán de Xerusalén, razón pola que loce nunha das súas portas laterais a cruz desta Orde, que figura no escudo do Concello. A igrexa é de feitura barroca e está construída en mampostería con pedra vermella nas súas partes nobres.