O grupo de Rock & Roll Doc Magoo’s no ‘Bus Musical’ de Ourense

 

A banda monfortina está no programa de festas de Nadal deste ano e actuará este domingo 18 ás 19:00 h. enriba do autobús que circula polas rúas da cidade das Burgas.

Será unha actuación desas de lembrar polo espectacular e chamativa. Doc Magoo’s subirase a partir das 19:00 h. nun “Bus Musical”, unha proposta do Concello de Ourense para levar concertos polas rúas da cidade no Nadal.

Os monfortinos, ao igual que farán outros grupos participantes en diferentes datas, actuarán dende o alto dun bus que fará de escenario.

DOC MAGOO’S

Máis de 20 anos rodando polos escenarios avalan a estes músicos. Unha banda de Monforte de Lemos que versiona aos grandes de todos os tempos. Nos seus concertos pódense escoitar temas míticos da escena musical internacional.
Neil Young, The Black Crowes, Prince, Police, Rolling Stones, Lenny Kravitz, The Doors, Beatles, Bob Dylan, entre outros, atópanse entre o seu repertorio.

Doc Magoo’s son: Franki (guitarras), Piérrez (teclados), Napo (baixo), Pistón (percusión), Luaña (armónicas) e Fran (voz).

 

 

También te podría gustar...