O Foro Climatlantic presenta resultados e solucións no ámbito da sostibilidade

Foto: Deputación de Ourense

Foto: Deputación de Ourense

 

O Foro «De Climatlantic a Climatlantic + «, que se celebra hoxe no Centro Cultural «Marcos Valcárcel» de la Deputación de Ourense, presenta os resultados do traballo realizado durante os últimos catro anos para identificar medidas e solucións no ámbito da enerxía, a sostibilidade e o transporte, dirixidos a fomentar medidas de adaptación, ao cambio climático e redución de pegada de carbono a escala local. Este foro conta coa presenza dos responsables da Estratexia Marítima Atlántica en España e Portugal, así como representantes da Comisión Europea, a Autoridade de Xestión do programa Interrg Espacio Atlántico e o Secretariado Conxunto de dito programa, ademais de representación dos principais sectores vinculados á actividade marítima.

O foro está organizado pola Deputación de Ourense e o Eixo Atlántico dentro do proxecto europeo Climatlantic ao amparo do programa Interrg-Espacio Atlántico, e o acto de inauguración contou coa presenza de Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Xoán Vázquez Mao, secretario Xeral do Eixo Atlántico, Isabel Concheiro Rodríguez Segade, secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, e Marga Martín, concelleira de Benestar do Concello de Ourense.

Os relatorios estiveron a cargo de Belén Núñez-Lagos Bau, membro da Unidade de Apoio para a Estratexia Marítima na Dirección Xeral de Coordinación de Políticas Comúns e Asuntos Xerais da UE; Conceiçao Santos, directora de Servizos da Estratexia Marítima.Portugal; Teresa Lameiras, vogal da Autoridade de Xestión do programa Interreg Espazo Atlántico. Asemade, celebrouse un debate sobre «Outra visión da estratexia marítima da UE. Impacto do mar 200 km. terra adentro», no que participaron, Severino Rodríguez, alcalde de Monforte de Lemos; Aníbal Blanco, presidente do Clúster da Loxística e o Transporte de Galicia, e Emilio Brogueira Dias, presidente do RETE.

También te podría gustar...