O Consello Regulador da D.O. Valdeorras na XXIV edición de Prowein

  • O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras acorda participar na vindeira edición de Prowein
  • Trátase dun dos foros vinícolas máis prestixiosos de Europa e celébrase anualmente na cidade alemá de Düsseldorf
Prowein16_BL38329-640x412

XXIII edición

 

Foto: Messe Duesseldorf

Foto: Messe Duesseldorf

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, reunido esta mañá en pleno extraordinario, acordou participar o vindeiro ano na feira sectorial Prowein. Trátase dun dos foros vinícolas máis relevantes de cantos se celebran en Europa e, como é habitual, celebrarase no mes de marzo na cidade alemá de Düsseldorf. A do vindeiro ano será a XXIV edición de Prowein.

Na xuntanza de hoxe do Consello Regulador, tamén se fixo balance das accións postas en marcha para a celebración da XIX Feira do Viño de Valdeorras, que terá lugar os vindeiros 16 e 17 de xullo na praza da Viloira (no Barco). Ata o momento, hai confirmadas un total de 16 bodegas, pero prevese que se adhiran algunhas máis nos vindeiros días.

No Pleno aprobáronse tamén as bases para a celebración da cata profesional de viños que se pon en  marcha coincidindo coa Feira e que este ano acada a súa XVII edición. A cata abrirase a todas as bodegas da comarca e celebrarase nas instalacións do Consello Regulador, en Vilamartín de Valdoerras, o vindeiro 15 de xullo. Xunto a isto, avanzouse tamén no programa lúdico e musical que se desenvolverá durante a Feira do Viño e que complementará ás accións de promoción dos brancos e tintos da zona.

 

Consello Regulador

Consello Regulador

También te podría gustar...