O conselleiro Xesús Vázquez Abad participou en Ourense no acto do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou esta mañá en Ourense no acto de conmemoración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, que promove a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A iniciativa, promovida pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, congregou máis de 30 rexedores da provincia que se comprometeron a impulsar o uso da lingua propia de Galicia e a súa visibilidade nos cemiterios municipais.