O Concello da Rúa renovará o parque infantil de San Roque, o quinto que arranxa nesta lexislatura

  • O Concello da Rúa renovará o parque infantil de San Roque, o quinto que arranxa nesta lexislatura
  • Con esta obra serán máis de 242.000 € os invertidos nas zonas de xogos do municipio

Concello de A Rua

 

Coa renovación do parque de xogos de San Roque (presupuestada en 32.000 € que asumirá a Deputación de Ourense), o Concello da Rúa pecha un ambicioso proxecto de renovación integral dos seus espacios infantís,tralas obras realizadas en Fontei, O Aguillón, a Praza Galicia e Somoza.

No día de hoxe o ente provincial adxudicará a obra, esperando que os traballos poidan comezar en dúasou tres semanas.

No presuposto incluese o cambio do actual chan de area por un de caucho, a substitución da barreira exterior por unha nova, a colocación de céspede artificial e o arranxo e adaptación á normativa europea dos xogos existentes, así como a instalación dalgún máis.

Cinco parques
Co de San Roque, serán cinco os espacios infantís que nesta lexislatura foron renovados (ou construídos) no Concello da Rúa.
A inversión total que se necesitou para estas actuacións foi superior ós 242.000 €.
En Fontei arranxouse e adaptouse a normativa comunitaria o parque, ademais de recupera-lo seu entorno aproveitando o solar dunha vella adega. Se para esta obra se invertiron 50.000 €, no Aguillón foron necesarios 90.000 para remodelar a zona de xogos e crear unha pista de Volei Praia. Na Praza Galicia a actuación foi diferente, xa que nese barrio non existía ningún parque. Nese caso, o Concello invertiu 60.000 € para reforma-la praza e construir unha nova zona de xogos.
Por último, a través dun Obradoiro Municipal de Emprego, en Somoza arranxouse o parque infantil e
recuperouse o seu entorno.