«O Castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións», xornada formativa en Bóveda

 
  • O venres 16 de outubro ás 18:00 horas
 
O Concello de Bóveda organiza o venres 16 de outubro unha xornada formativa sobre «O Castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións». Desenvolverase no salón de actos do Concello ás 18:00 horas. A duración da acción formativa, que imparte AGACAL, é de 4 horas.
 
A inscrición é gratuíta a través do enlace:
 
Unha vez cuberto o formulario será preciso envialo ao enderezo: info@castanadegalicia.org
 
A xornada forma parte do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2020, cofinanciadas co 75% FEADER. PROMOVE: Consellería do Medio Rural, Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Departamento de Investigación e Transferencia.