O berce do futuro «Museo da Roda de Afiar»

  • Manuel Baltar: «Florencio de Arboiro mantén viva a identidade ourensá»
  • O presidente do goberno provincial visitou hoxe en San Xoán de Río a «Casa das Rodas», «berce do futuro «Museo da Roda de Afiar» que a Deputación porá en marcha en 2017, tal e como figura no Plan Ourense 15-19″, confirmou Baltar
Jesús de Juana, Manuel Baltar e Florencio de Arboiro
Jesús de Juana, Manuel Baltar e Florencio de Arboiro

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe a «Casa das Rodas», en Arboiro, San Xoán de Río, onde o escultor Florencio de Arboiro ten recollidas singulares pezas da etnografía e dos oficios populares de Galicia, e sinaladamente a colección máis importante sobre rodas de afiar. No seu percorrido, Baltar estivo acompañado, ademais de Florencio de Arboiro, polo historiador Jesús de Juana.

O presidente do goberno provincial destacou trala visita que Florencio de Arboiro «mantén viva a identidade ourensá» e confirmou que a Casa das Rodas «será o berce do futuro «Museo da Roda de Afiar» que a Deputación porá en marcha en 2017, tal e como figura no Plan Ourense 15-19″.

Sobre a tradición e a importancia que os afiadores tiveron na nosa provincia, Manuel Baltar remarcou que eles «eran auténticos emprendedores, xuntando a creatividade, o traballo e o carácter emigrante que definen a alma dos ourensáns e da nosa terra», e referíndose a Florencio de Arboiro afirmou que é un «ourensán universal», «comprometido co noso patrimonio material e inmaterial, nesta «terra da chispa» que debe este alcume aos afiadores, auténticos embaixadores de Ourense».

Pola súa banda, Jesús de Juana puxo en valor tamén «o traballo de investigación e recuperación de toda esta achega etnográfica e histórica por parte de Florencio de Arboiro ao longo da súa vida».

Jesús de Juana, Manuel Baltar e Florencio de Arboiro
Jesús de Juana, Manuel Baltar e Florencio de Arboiro