O 21 de marzo, Día Mundial dos Bosques, realizarase unha repoboación de árbores na Reza
Hoxe continuaron as labores de limpeza da ribeira do Sil, quitando os cañotos
Técnicos da Consellería de Medio Rural do Distrito do Barco visitaron onte A Reza e a ribeira do río Sil. Nos vindeiros días van realizar un estudio para ver que especies de árbores son as máis axeitadas para esa zona, e en que lugares se deberían prantar.
O seu obxectivo é realizar unha repoboación de árbores o 21 de marzo, a xornada declarada en 1971 pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) como «O Día Mundial dos Bosques».
Por outra parte, tamén debemos destacar que hoxe continuaron as labores de limpeza da zona da Reza, comezando a quitar os cañotos das árbores.