Nova supresión de servizos ferroviarios en Valdeorras

  • O BNG leva á Deputación de Ourense a nova supresión de servizos ferroviarios
  • Bernardo Varela denuncia a nova supresión de servizos ferroviarios en Ourense. “Reducen e deterioran os servizos ferroviarios, suprimindo O tren rexional e aumentan os tempos de viaxe no traxecto que une Valdeorras con Vigo”

 

O BNG vese obrigado a saír unha vez máis aos medios ante o desleixo do goberno do Estado pola supresión de servizos ferroviarios que afectan a Ourense, indica o voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela.

Neste caso o único tren rexional que une Ponferrada con, Ourense e Vigo. Tren que permitía conectar as xentes da comarca de Valdeorras con Vigo en catro horas. Tren que sae ás 6:15 desde Ponferrada e con chegada ás 11:27. Este tren será suprimido este vindeiro luns e substituíndo por diversas combinacións alongando considerabelmente o tempo de duración da viaxe.

Queríamos entender que según fose remitindo a pandemia, o que se faría sería incrementar os servizos ferroviarios, recuperando todas aquelas frecuencias que se tiñan restrinxido ao longo da pandemia. Porén vemos unha vez máis como continúa a sangría de transporte público nas zonas interiores do noso País

declara Varela.

Estamos ante un novo agravio con Ourense que perde servizos de transporte; a supresión deste rexional supón unha nova merma nos servizos ferroviarios. Mentres se reducen os tempos de conexión entre Madrid e Galiza os tempos entre destinos interiores da Galiza vai aumentando.

Varela trasladará está situación ao entre provincial no que denunciará e demandará o apio da corporación para demandar unha rectificación deste novo recorte de RENFE e ADIF.