• A Xerencia do Sergas en Ourense inviste 229.969 euros na mellora de distintos centros de saúde da provincia
  • En Valdeorras: A Rúa e O Bolo
  • As obras permitirán mellorar a súa eficiencia enerxética e accesibilidade, mediante a reparación ou renovación de cubertas, calefacción, accesos ou instalación de ascensores
  • As reformas adáptanse as necesidades dos centros de Allariz, Celanova, Bande, Carballiño, Coles, Vilaza, Toén, Outomuro, Baños de Molgas, Os Blancos, A Rúa, O Bolo e en Ourense, os de Valle Inclán, A Ponte e A Cuña
  • Neste intre o Sergas ten en marcha tamén a construción dos novos Centros de Saúde de A Valenzá e Pontedeva, que estarán rematados este ano, e proxecta a apertura do Centro de Saúde de O Couto, xa rematado e equipado
Exterior del centro de salud de A Rúa

Exterior centro saúde da Rúa

 

A Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense esta a investir 229.969 euros en obras de mellora de quince centros de saúde da provincia, en concreto, nos concellos de Allariz, Celanova, Bande, Carballiño, Coles, Vilaza, Toén, Outomuro, Baños de Molgas, Os Blancos, A Rúa, O Bolo e, en Ourense, nos de Valle Inclán, A Ponte e A Cuña.

Con este investimento, o Servizo Galego de Saúde mellora súa eficiencia enerxética, mediante a reparación ou renovación das cubertas, en tres deles, dos aillamentos, substitución ou reformas nos sistemas de calefacción, instalación de portas automáticas, así como de acondicionamento e accesibilidade, mediante a instalación de ascensores ou ramplas, ademais de adecuación ás recentes normativas de protección fronte a incendios.

En conxunto as obras, moitas delas xa iniciadas, estarán rematadas nun marxe dun ou dous meses, para non interferir na súa funcionalidade de cara ao inverno, e permitirán atender as principais necesidades de mantemento e mellora dos centros de saúde, tanto propios como de titularidade municipal, como é caso dos de Baños de Molgas e Os Blancos.

Xunto a elas, neste intre o Sergas ten en marcha as de construción dos novos Centros de Saúde de A Valenzá e Pontedeva, que estarán rematadas este mesmo ano, e proxecta a apertura do novo Centro de Saúde de O Couto, que permitirá mellorar, seguindo o criterio de proximidade e accesibilidade, a asistencia sanitaria básica aos usuarios de Ourense, que contarán cun sexto centro de saúde, moderno e ben dotado en canto a medios materiais e de recursos humanos, o que lle permitirá asumir unha carteira de servizos avanzados e docencia posgraduada en Ciencias da Saúde.