Mellora das telecomunicacións no Edificio Multiusos de Monforte

  • O Alcalde, José Tomé Roca, ven de informar da execución deste proxecto que suporá unha mellora moi significativa da rede de comunicacións deste edificio
  • Para elo, o Concello destinou unha inversión próxima ós 40.000 euros, e é a empresa monfortina Val de Lemos a que desenvolve este proxecto de mellora

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Toca, ven de informar sobre un novo proxecto de mellora nas infraestruturas municipais do Concello, neste caso en relación co Edificio Multiusos, ubicado na Ronda María Emilia Casas Baamonde.

En concreto, o proxecto que está a desenvolver o Concello nestas instalacións, “suporá a mellora integral da infraestrutura de telecomunicacións deste edificio, para o cal destinamos unha partida de cerca de 40.000 euros”, sinalou o Alcalde, “en concreto, 39.080,73 euros”.

O desenvolvemento deste proxecto corre a cargo da empresa monfortina Val de Lemos, a cal xa está a traballar no edificio, logo de que lle foran adxudicados os traballos nos pasados días.

Este proxecto ten como obxectivo ofrecer ós diversos usuarios do Edificio Multiusos, servizos de información e xestión a través dunha rede de comunicacións propia que abarcará a totalidade do edificio. Deste xeito, unha vez rematados os traballos, o edificio contará cunha nova rede privada de telecomunicacións de tipo LAN/WLAN, que suporá unha mellora significativa na velocidade de navegación e de conexións de Internet dos seus usuarios.

«Dende o Equipo de Goberno do Concello”, destaca o  Alcalde

decidimos levar adiante este proxecto de mellora das telecomunicacións do Multiusos motivados pola importancia que hoxe teñen as novas tecnoloxías en todos os eidos das interaccións humanas, e no que o acceso a Internet como medio de difusión do coñecemento e da comunicación constitúese nunha ferramenta fundamental.

O Edificio Multiusos é a sede do Conservatorio Municipal de Música Mestre Ibáñez, da Escola Municipal de Música e Danza, e ademais conta cun salón de actos con capacidade para 476 persoas, unha sala de exposición permanente, un Aula Multimedia así como locais de ensaio para grupos musicais.

Todas estas localizacións se verán beneficiadas por este proxecto xa que a mellora da rede de telecomunicacións abarcará a todo o edificio

conclúe o rexedor municipal.

También te podría gustar...