«Mártires de Valdeorras», acto de solidariedade

  • A represión franquista en Valdeorras e a reparación non asumida polo Concello da Coruña

Na represión e asasinatos levados a cabo polos franquistas ao final da guerra na comarca de Valdeorras tivo un papel destacado o que despois sería alcalde da Coruña, Peñamaría de Llano.

O Pleno do Concello do Barco de Valdeorras, por iniciativa do BNG e de Riada Cidadá, aprobou por unanimidade una moción para reclamar ao Concello da Coruña que retirasen o nome da rúa “Alcalde Peñamaría de Llano” e o substituísen polo de “Mártires de Valdeorras”, esta iniciativa foi promovida na nosa cidade pola asociación Valdeorras Infinda e pola Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Porén, cando foi levada ao pleno do Concello da Coruña, defendida polo BNG, na votación non saíu aprobada polos votos contrarios do PP e do PSOE.

O rexeitamento do Concello da Coruña constituíu un agravio para a memoria dos represaliados, os seus familiares, e para a veciñanza valdeorresa en xeral. E tamén, obviamente, para os coruñeses que entendemos que é de xustiza a reparación que se demanda ao noso Concello.

A Asociación Veciñal das Atochas – Monte Alto convoca un acto de solidariedade coa veciñanza de Valdeorras, na memoria dos represaliados e en desagravio polo decidido no pleno do noso Concello. O acto vai consistir na proxección dun documental e nunha charla e debate que conducirá Emilio Vega, de Valdeorras Infinda, e desenvolverase no noso local na biblioteca veciñal do campo de Marte o mañá mércores 19 de xaneiro a partir das 20 horas.

 

 

 

También te podría gustar...