Máis de 2,7 millóns de euros a 51 concellos da provincia. Valdeorras: A Veiga, Larouco, Petín e Vilamartín

  • A Deputación de Ourense destina máis de 2,7 millóns de euros a 51 concellos da provincia
  • Manuel Baltar considera que a boa xestión económica do goberno provincial permite cooperar economicamente con municipios e entidades en materia social, cultural, deportiva, de infraestruturas e de promoción económica
  • En Valdeorras: A Veiga, Larouco, Petín e Vilamartín

 

1Fachada-Deputacin-300x213A Deputación de Ourense levará ao próximo pleno da Corporación Provincial, que se celebra o vindeiro 29 de xullo, unha moción da Presidencia referida a unha modificación de crédito, que permitirá destinar máis de 2,7 millóns de euros (2.770.683 €) a 51 concellos, asociacións e entidades da provincia de Ourense. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, afirma que esta iniciativa «é posible grazas a boa xestión económica, ao remanente de tesourería máis alto na historia da Deputación e ao estrito control no gasto que levan a cabo os servizos económicos do ente provincial, seguindo as directrices políticas do goberno provincial, o que permitirá cooperar economicamente con municipios e entidades da provincia en materia social, cultural, deportiva, de infraestruturas e de promoción económica».

Manuel Baltar afirma que este é o momento de realizar a dita modificación de crédito, «non antes, xa que a Presidencia decidiu non levala a pleno durante o período das eleccións xerais 2016, entre os meses de maio e xuño pasados».

En concreto, para os concellos, a Deputación de Ourense destina máis de 1,8 millóns de euros; para participación veciñal, 53.000 euros; para a Universidade de Vigo (Campus de Ourense, 51.000 euros; para a Confederación Empresarial de Ourense, 50.000 euros; para o PEN Galicia (organización do Congreso Internacional de Escritores), 30.000 euros; para a Festa da Historia de Ribadavia, 23.000 euros, e para a Asociación de Empresarios do Polígono de Barreiros, 20.000 euros, ademais das achegas que o ente provincial destina a federacións deportivas, Club Xadrez, Rallye de Ourense e ás asociacións de veciños, perruqueiros, pensionistas e adestradores.

Os concellos que recibirán as achegas son: A Gudiña, Bande, Baños de Molgas, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo do Val, Celanova, Coles Cortegada, Esgos, Larouco, Laza, Manzaneda, Muíños, Nogueira de Ramuín, Os Bancos, Paderne, Pereiro de Aguiar, Petín, Pontedeva, Rairiz de Veiga, San Cristovo de Cea, Sarreaus, Taboadela, Toén, Verea, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Porqueira, Parada de Sil, A Veiga, Beade, Calvos de Randín, Gomesende, Lobios, Maceda, melón, Oímbra, Padrenda, Piñor, Punxín, Riós, Trasmiras, Quintela de Leirado, Monterrei, Lobeira, Xunqueira de Ambía, San Cibrao das Viñas, A Mezquita e A Peroxa.

Por sectores de actividades, ao ámbito cultural correspóndelle a maior partida económica, un total de 221.000 euros, que se reparten entre o Festival de Teatro Galego (Fetega), do Carballiño, 67.000 euros; Sarabela Teatro, 45.000; a Fundación «Curros Enríquez, 30.000 euros; a Fundación «Carlos Casares», 25.000 euros; o Liceo Recreo Ourensán, 25.000 euros; a Festa da Istoria de Ribadavia, 23.000 euros, e a Coral do Liceo, 6.000 euros.

No ámbito social, o total de investimentos da Deputación de Ourense ascende a 106.000 euros, destinados a Cogami, 50.000 euros; á Fundación de Discapacitados Psíquicos de Verín, 26.000 euros; á gala Ourense-Ecuador, 20.000 euros, e á Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras (Asfaval), 10.000 euros. Ademais, para os sectores de cooperació

También te podría gustar...