Asinado o convenio «Provincia Intelixente»

  • Deputación de Ourense, Vodafone e IBM asinan o convenio «Provincia Intelixente», que impulsará a creación dun centro tecnolóxico
  • Manuel Baltar afirma que esta liña de colaboración entre o goberno provincial e as dúas multinacionais «permitirá establecer estratexias no ámbito da innovación para o desenvolvemento tecnolóxico da provincia de Ourense».
  • O acordo foi asinado onte polo presidente do goberno provincial; o director xeral de Vodafone España, Diego Torrico, e a directora de Tecnoloxía e Innovación de IBM España, Elisa Martín.
  • Baltar afirma que a sinatura deste convenio entre a Deputación de Ourense e dúas compañías punteiras da tecnoloxía mundial «demostra a cumprimento do Plan de Mandato «Ourense 15-19», que sitúa como unha das súas liñas estratéxicas o denominado «Ourense Tecnolóxico».
  • A Deputación de Ourense, primeiro goberno provincial que ten un modelo propio de «Provincia Intelixente», únese a Vodafone e IBM para desenvolver un proxecto que está na vangarda da innovación tecnolóxica referida á xestión de servizos cidadáns
Diego Torrico, Manuel Baltar e Elisa Martín

Diego Torrico, Manuel Baltar e Elisa Martín

 

A Deputación de Ourense e as compañías tecnolóxicas Vodafone e IBM asinaron onte o convenio de colaboración «Provincia Intelixente», un acordo que permitirá impulsar a creación dun centro tecnolóxico para a innovación, co obxectivo de crear novas oportunidades de progreso económico e social na provincia de Ourense.

O acordo foi asinado hoxe polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar; o director xeral de Vodafone España, Diego Torrico, e a directora de Tecnoloxía e Innovación de IBM España, Elisa Martín. Baltar dixo na súa intervención que a sinatura deste convenio entre a Deputación de Ourense e dúas compañías punteiras da tecnoloxía mundial «demostra a cumprimento do Plan de Mandato «Ourense 15-19», que sitúa como unha das súas liñas estratéxicas o denominado «Ourense Tecnolóxico», e afirmou que esta liña de colaboración entre o goberno provincial e as dúas multinacionais «permitirá establecer estratexias no ámbito da innovación para o desenvolvemento tecnolóxico da provincia de Ourense».

A Deputación de Ourense, primeiro goberno provincial que ten un modelo propio de «Provincia Intelixente», únese a Vodafone e IBM para desenvolver un proxecto que está na vangarda da innovación tecnolóxica. Esta alianza ten a súa razón de ser, segundo coinciden os directivos das dúas multinacionais, na innovación que a Deputación de Ourense leva a cabo nas iniciativas de servizos cidadáns. Neste sentido, a provincia de Ourense será o primeiro referente nacional no desenvolvemento tecnolóxico dixital dun territorio provincial, estratexia que ten como obxectivo ofrecer aos cidadáns mellores e máis accesibles servizos, independentemente do lugar no que residan, sexa na capital, ou en calquera outro punto xeográfico da provincia de Ourense.

O convenio «Provincia Intelixente» ten como finalidade establecer novas vías de traballo entre a Deputación de Ourense, Vodafone e IBM mediante un uso innovador das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) para consolidar en Ourense un novo modelo produtivo que mellore a actividade económica e a creación de emprego na provincia de Ourense.

Para elo, realizaranse diferentes sesións de divulgación e formación para analizar os principais factores que poden impulsar a «transformación dixital de Ourense», para o cal, os concellos da provincia recibiran un asesoramento e consultoría específica para levar a cabo accións de innovación dixital nas súas respectivas áreas de actuación.

Acto de sinatura do convenio entre Deputación de Ourense, Vodafone e IBM

Acto de sinatura do convenio entre Deputación de Ourense, Vodafone e IBM

 

Tecnoloxías de última xeración

O acordo contempla a realización dun estudo de valoración para a futura creación dun Centro Tecnolóxico en Ourense. Este centro tería como fin o desenvolvemento do Sistema de Xestión e Operacións Municipais da Provincia de Ourense, ademais de ser un núcleo integrador de actividades que desenvolvan tecnoloxías de última xeración: solucións baseadas no «Internet das Cousas» (concepto referido á interconexión dixital de obxectos cotiáns a través da Rede) e aplicacións móbiles cidadáns, que revertan na transformación dixital de Ourense e do resto de Galicia.

O acordo de colaboración tamén está aberto á participación de terceiras institucións e empresas de Ourense, así como a entidades nacionais e internacionais que desexen contribuír ao desenvolvemento tecnolóxico da provincia de Ourense.

Manuel Baltar asegurou que Ourense «ten a capacidade de atraer e xerar negocios tecnolóxicos». «Estamos no centro dunha área xeográfica na que dispomos de infraestruturas de comunicación que nos permiten trasladarnos aos grandes centros de negocio en pouco tempo, e coa chegada do AVE as históricas distancias coa península desaparecerán». Tamén destacou o presidente provincia a experiencia docente «da Escola de Informática de Ourense, asentada desde fai máis de 20 anos, e que xera potencial humano que desenvolve grandes proxectos», e citou tamén a «Tecnópole», «o centro de tecnoloxía e innovación máis importante da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que está situado na provincia de Ourense».

Baltar destacou que entre os principais obxectivos do «Ourense Tecnolóxico» figuran a creación dun foro de participación; o servizo intermunicipal de temas enerxéticos; un viveiro de empresas, e o impulso de iniciativas para o fomento dos sectores estratéxicos de crecemento, «especialmente aqueles nos que a provincia de Ourense ten oportunidades de liderado y en ámbitos de especial importancia con competencias municipales o supramunicipales». «Todo elo –explica o presidente provincial- englobado dentro da estratexia «Provincia Intelixente», na que son de especial interese áreas como a Administración Electrónica, a Transparencia, a Participación, a Intelixencia da Información Provincial ou a toma de decisións baseada en Big Data».

Toda esta estratexia ten, segundo Manuel Baltar, unha única finalidade: «Converter ao cidadán no elemento central ao redor do cal xiran todas as actuacións», e remarca que a tecnoloxía «debe permitir que os veciños teñan acceso aos mesmos recursos, independentemente de se viven na capital da provincia ou no núcleo máis afastado».

O convenio hoxe asinado permitirá, segundo explica Manuel Baltar, «pór a disposición da Administración Provincial e dos concellos da provincia as últimas tecnoloxías da información e analizar o seu posible impacto con dous focos principais: mellorar a eficiencia da Administración e a relación cos cidadáns».

«De aí a importancia de asinar este convenio con dúas multinacionais do ámbito tecnolóxico, feito sen dúbida pioneiro na nosa nación», expresou Baltar, subliñando que apostamos en Ourense «por unha alianza estratéxica cos máis capaces no ámbito internacional: Vodafone, británica, o segundo operador de telecomunicacións máis importante do mundo, con máis de 400 millóns de clientes, operando en máis de trinta países, e IBM, estadounidense, a segunda empresa máis grande do mundo en número de empregados, 425.000, con presenza en máis de 200 países».

Esta é a primeira vez que Vodafone, IBM e a Deputación de Ourense unen as súas estratexias nun modelo de «Provincia Intelixente», o cal ten a súa razón de ser, segundo coinciden os directivos das dúas multinacionais, na vangarda que a Deputación de Ourense ten no que atinxe a innovación tecnolóxica referida á xestión de servizos cidadáns, e na visión e planificación estratéxica do presidente Manuel Baltar. Neste sentido, a provincia de Ourense será o primeiro referente nacional nesta iniciativa de desenvolvemento tecnolóxico dixital dun territorio provincial, estratexia que ten como obxectivo ofrecer aos cidadáns mellores e máis accesibles servizos, independentemente do lugar no que residan, sexa na capital, ou en calquera outro punto xeográfico da provincia de Ourense.

Pola súa banda, Diego Torrico, director xeral de Vodafone España dixo sentirse encantado «de formar parte desta iniciativa para fomentar o desenvolvemento tecnolóxico de Ourense, e converter a esta provincia nun referente en transformación dixital». «Con este acordo –engadiu- queremos dotar a Ourense dos servizos máis innovadores con todas as posibilidades que nos brindan as novas tecnoloxías».

Finalmente, Elisa Martín Garijo, directora de Tecnoloxía e Innovación de IBM España, dixo que o convenio hoxe asinado «é unha iniciativa para crear oportunidades, porque a estes tres socios de viaxe tecnolóxico: Deputación de Ourense, Vodafone e IBM, nos une a palabra innovación». «As cousas acontecen onde están os recursos e iso atrae ao talento –explicou Elisa Martín-. Somos parte da provincia de Ourense e queremos seguir apostando por Ourense, porque sabemos do seu espírito e talento tecnolóxico, e aquí desexamos levar a cabo este espazo de innovación en favor dos cidadáns e das empresas».

También te podría gustar...