Rogelio Martínez acompañou ao escritor Vicente Piñeiro na presentación da súa última novela. 

  • “Lola Touza, la Schindler gallega” narra a historia desta veciña de Ribadavia que nos anos 40 axudou a centos de xudeus a fuxir dos nazis

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiu á presentación da última novela de Vicente Piñeiro “Lola Touza, la Schindler gallega” que tivo lugar no Museo Etnolóxico de Ribadavia.

A obra, editada por ToxoSoutos, narra a historia de Lola Touza, que rexentaba un quiosco na estación de Ribadavia e entre 1941 e 1945 decidiu axudar a fuxir a máis de 500 xudeus dunha morte segura a mans dos nazis. Lola  e as súas irmás, Amparo e Julia, colaboraron cunha das redes clandestinas de fuxida de xudeus máis importante de Europa, que empezaba nos Pirineos por Girona, facía escala en Medina del Campo e chegaba ata Ribadavia, onde as irmás Touza arriscaban as súas vidas para atendelos e facilitarlles o paso a Portugal coa axuda doutros veciños da comarca: o taxista José Rocha, o barqueiro Ramón Estévez e o intérprete Ricardo Pérez, coñecido como “El Evangelista”.

P9180137

Vicente Piñeiro  ten publicados libros de teatro, poesía e novela tanto en galego como en castelán e gañou, entre outros premios, o Pedrón de Ouro en 2005.