A Deputación de Ourense entrega axudas a 56 deportistas da provincia

  • Nesta edición, por primeira vez, tivo lugar o recoñecemento a un técnico deportivo ourensán de disciplinas individuais

O Salón de Actos do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acolleu onte a tarde a tradicional entrega das axudas aos deportistas ourensáns da Deputación de Ourense. No acto estivo presente o vicepresidente do ente provincial, Rosendo Fernández; o deputado de deportes, Juan Anta; e o director do Servizo de Deportes do Pazo dos Deportes “Paco Paz”, Ángel Cid.

OURENSE.C.C.MARCOS VALCARCEL. ENTREGA GALARDONS DEPORTISTAS DESTACADOS.

OURENSE.C.C.MARCOS VALCARCEL. ENTREGA GALARDONS DEPORTISTAS DESTACADOS.

 

En total, foron 56 os deportistas ourensáns que recibiron axudas do ente provincial en distintas modalidades deportivas: ximnasia, ciclocross-btt, atletismo, remo, piragüismo, natación, xadrez, ximnasia, halterofilia, doma clásica, billar, taekwondo, boccia, wu-shu, jiu-jitsu e tiro olímpico.

 

Nesta edición e, por primeira vez, tivo lugar o recoñecemento público a un técnico deportivo ourensán de disciplinas individuais, que nesta ocasión foi designado a adestradora de ximnasia, María Isaura Hermida Pérez, con case trinta anos exercendo como técnico de ximnasia. Ademais é a única persoa en España que posúe 5 titulacións das 6 modalidades ximnásticas.

 

Este recoñecemento realízase por entender que a mellora na formación e rendemento dos deportistas ourensáns, teñen nos técnicos un dos seus piares básicos e fundamentais.