José Ramón Ónega e Gabriel Tirapu deron a benvida aos hostaleiros que se interesaron polos produtos 'Sondaquí'O delegado da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e o presidente da Federación de Escolas Familiares Agrarias (EFA) de Galicia, Gabriel Tirapu, deron a benvida esta tarde aos profesionais da hostalaría e alimentación que participaron na segunda parte da xornada empresarial de promoción dos produtos da rede “SonDaquí”, que se celebrou hoxe na Casa.

Pola mañá, os promotores da iniciativa deron a coñecer os seus produtos aos medios de comunicación especializados no sector e pola tarde dirixíronse a profesionais da hostalaría e a alimentación.