IV edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

  • No pavillón de Luíntra este sábado
  • O torneo contará coa participación de escolas deportivas de toda España e Portugal

 

A sala de prensa da Deputación acolleu a presentación da IV edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra, que se disputará este sábado, 23 de abril, no pavillón municipal de Luíntra, no concello de Nogueira de Ramuín. Este torneo, organizado polas Escolas Deportivas de Nogueira de Ramuín co apoio da Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e o Concello de Nogueira de Ramuín, contará coa participación de escolas deportivas de toda España e Portugal. 

O acto de presentación desta proba contou coa presenza do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; a xerente do Inorde, Emma González; o delegado de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o alcalde de Nogueira, Julio Carlos Temes; o edil de Deportes de Nogueira, Raúl Soto; o edil de Seguridade Cidadá de Nogueira, Manuel Pereira; o presidente das Escolas Deportivas de Kickboxing de Nogueira, Rubén Batán e o presidente da Fundación Cipri Gomes, Cipri Gomes.

O Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra está plenamente consolidado no calendario nacional deste deporte. A proba, que aspira a superar os 140 inscritos do ano pasado, disputarase este sábado entre as 08,00 horas -recepción dos equipos- ata as 20,00 horas nas probas de “Point Fighting”, “Lightcontact”, “Kicklight”, “Mockcombat”, “Kickboxing inclusivo”, “Lowkick”, “K1 style”, “Full Contact” e “Muaythai”. 

También te podría gustar...