I Concurso de Memes de Valdeorras

  • A ANPA I.E.S Martaguisela fomenta a creatividade dos seus alumn@s e apoia ó comercio local coa organización do I Concurso de Memes de Valdeorras

 

A ANPA I.E.S Martaguisela convoca o I Concurso de Memes para @s alum@s do I.E.S. Martaguisela co obxectivo de fomentar a creatividade poñendo en
valor a nosa vila e a comarca, e tendo como temática os nosos costumes, as tradicións, festas, etc.

Establécense tres categorías de premios segundo as idades d@s alumn@s: 1º e 2º ESO; 3º e 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato.

Tod@s @s participantes serán agasallad@s pola súa participación, e tanto @s gañadores coma @s finalistas recibirán premios que aportan os establecementos comerciais e de hostalaría, a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e a ANPA.

Nestes momentos complicados para tod@s parécenos fundamental seguir activos, alentando a imaxinación e a participación d@s alumn@s, mellorando
a nosa comarca, e apoiando ó comercio de proximidade.

Mostran agradecemento @s nos@s soci@s, ó I.E.S. Martaguisela polo seu apoio, ó Concello do Barco de Valdeorras, a AEVA, e aos 39
establecementos integrados que doaron de xeito voluntario agasallos para tódolos participantes.

Esperan que isto sexa o inicio dun proxecto emocionante e de longa vida.

 

También te podría gustar...