Hermanager Producións representará á banda de rock monfortina DOC MAGOO’S

Hermanager Producións, marca que se dedica á distribución de espectáculos e á colocación de artistas, vén de chegar a un acordo de representación coa banda monfortina, Doc Magoo’s.

 

Os contactos entre o xerente e representante, Xosé Manuel Fernández, e algúns dos músicos da banda, comezaron a finais de 2021 chegando o pasado mes de xaneiro deste 2022 a un compromiso de comercialización para o que resta de ano e con opción de prórroga se así o quixeran ambas partes.

 

Con esta decisión, a formación rockeira monfortina busca liberar aos propios músicos da xestión de comercialización, negociación, xestión de axenda e folla de ruta das actuacións tal como viñan facendo ata agora.

 

DOC MAGOO’S

Senlleira banda monfortina de Rock & Roll avalada por unha traxectoria de máis de 20 anos rodando polos escenarios de toda Galicia. Especializados en versionar aos grandes de todos os tempos, nos seus concertos pódense escoitar temas míticos da escena musical internacional. Neil Young, The Black Crowes, Prince, Police, Rolling Stones, Lenny Kravitz, The Doors, Beatles, Bob Dylan, entre outros, atópanse entre o seu repertorio.

Doc Magoo’s destacan, entre outras cousas, polo seu auténtico, potente e puro concerto en directo.

Doc Magoo’s son:

Franki: Guitarras
Piérrez: Teclados
Napo: Baixo
Pistón: Percusión
Luaña: Armónicas
Izzy: Voz

 

También te podría gustar...