Florencio Delgado Gurriarán, candidato para as Letras Galegas 2022

 

 

O escritor de Vilamartín de Valdeorras está nominado xunto co poeta de Samos, Fiz Vergara Vilariño e a proposta conxunta de Ánxel Casal e o poeta Federico García Lorca.

O pleno da Real Academia Galicia decidirá mañá, venres 2 de xullo, entre estas tres candidaturas o protagonista que tomará a testemuña do poeta e editora Xela Arias para abandeirar o Día das Letras Galegas do vindeiro 2022.

Florencio Delgado Gurriarán foi un escritor e editor nado en Vilamartín de Valdeorras e activista do exilio galego en México.

Os académicos de número reuniranse este venres na sede da institución na Coruña e está prevista unha comparecencia do presidente, Víctor Freixanes, ao termo da sesión para comunicar o resultado da votación.

 

También te podría gustar...