Festas na honra a Nosa Señora do Carballal en Carballeda de Valdeorras

FestasCando xa semellaba que habían rematado tódalas festas de verán na comarca, non era asi xa que para este fin de semana, entre o día 6 e 8, nos atopamos coas Festas en honra a Nosa Señora do Carballal en Carballeda de Valdeorras.

Serán tres días de festas en las que non faltará a parte musical nas mesmas, tendo a actuación o día 6 de Discomovida con Boa Festa, o día 7 actuará o Grupo de Gaitas Celtas Largos  seguido da orquesta Fin de Siglo e deixando para o venres a Charanga Brisas do Sil e a Orquesta Marca.

Na parte relixiosa, nestas festas haberá Misa Solemne e procesión na Ermita.

Lúdico poderemos atopar concursos de carreiras de sacos, xogos de bolos ou mesmo concurso de Baile.