Festas de Castro Caldelas

Escudo de Castro CaldelasXa estás ás portas as Festas de Caldelas na honra a Virxe dos Remedios. Celebraranse dende o día 6 ata o día 10 de este mes de setembro.

O primeiro día das mesmas atoparémonos con a ‘Noite das Bandeiras’ onde as rúas da localidades adórnanse con bandeiras de papel e aínda que nesta noite non hai orquestra a festa dura ata altas horas ao son dos gaiteiros e da charanga, que nesta ocasión serán a cargo da charanga Mekánica e o grupo Airiños de Caldelas.

O día sete, as 12:00h recíbese con 21 salvas a banda, que precedida polo Irrio achégase ata a igrexa onde se fai a ofrenda. Neste ano contaremos cun pasacalles da man da Banda de Ramirás e da banda de gaitas Os Trabazos. Esa noite haberá fogos de artificio ademáis dunha verbena.

O día oito que é o día grande, faise a procesión, coa presenza do Irrio, protagonista desta e que irá acompañado da Banda de Vilanova dos Infantes e Airiños de Caldelas. Pola noite haberá verbena coa orquestra Pontevedra.

Pecha este programa festivo o martes un pasacalles con Os Trabazos y Airiños de Caldelas. A procesión será ás 12:30h e a misa coa patrona. Pola tarde haberá un baile de disfraces seguido dunha verbena con La Oca.