Festa do mes de xullo no concello de Quiroga

Pola parte das festas tradicionais, escomenzan o vindeiro día 9 deste mes coa celebración da Festa da Troita en Conceado do Lor , unha festa popular con baile. Como actividade central celébrase un concurso de pesca no que participan tódolos especialistas da comarca.

Achégase a celebración da Festa da Virxe do Carme en Campos de Vila, concello de Quiroga,  que será o vindeiro 16 de xullo. É a típica festa rural, con misa, procesión e baile polo serán. Neste lugar da Parroquia do Hospital están moi arraigados deportes autóctonos como a chave e os bolos, co cal quen se achegue poderá disfrutar durante estas festas patronais unha serie de competicións con numerosos participantes.

Tamén destacamos a celebración o día 22 deste mesmo mes de xullo das festas en honor a Santa María Madalena que celébranse en Cereixido, tamén unha festa rural con misa, festa ao aire libre, romería e baile polo serán.

Para o día 25, teremos a Festa de Vilar de Mondelo que é unha festa con claro carácter relixioso na que atoparemos a celebración da misma solemne para rematar cunha procesión.

Para o mesmo día, o 25 de xullo, teremos a Festa do Santiago, que é tamén de claro carácter relixioso.

También te podría gustar...