Exposición permanente dos materiais atopados na antiga Proencia

 

O arqueólogo e director das sondaxes feitas en Proendos, Francisco Alonso Toucido, e o Alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, inauguraron na Oficina Municipal de Turismo a exposición permanente dos materiais atopados nos traballos realizados na antiga Proencia no outono de 2020, cedidos en depósito polo Museo Provincial.

Xa están dispoñibles para quen queira visitalos no horario da Oficina Municipal de Turismo. De luns a mércores de 10 a 14:00 horas e de xoves a domingo de 10:00 a 20:00 horas.

O acto forma parte das actividades do Mes do Amandi, unha programación que complementa a XLI Feira do Viño de Amandi, que terá lugar en Sober os días 11 e 12 de agosto.

 

También te podría gustar...