Exposición en O Barco de Valdeorras sobre o centenario das irmandades da Fala

  • O Concello do Barco e o colectivo Ora Galega traen, mañá xoves 16 de xuño o autobús iFala que contén unha exposición itinerante sobre as Irmandades da Fala
  • Poderá visitarse na praza Andrés de Prada en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 21 h. Ás 20h haberá como acto final unha lectura colectiva de textos e música

ORA001_Mapa_iFala1.2

O colectivo Ora galega organiza unha exposición itinerante arredor das Irmandades da Fala co gallo do seu centenario. Mañá xoves 16 de xuño estará no Barco o autobús denominado iFala, de dupo andar, onde se mostra a exposición. A iniciativa conta tamén cun soporte dixital a través dunha app e dunha web.

“A mostra reproduce a historia desde unha perspectiva moderna e innovadora, dando mostra de que o legado das Irmandades está vixente e pode interesar tamén á xente nova. Os vídeos elaborados por persoas do noso mundo creativo contaxian o mesmo entusiasmo que levou a súa creación hai cen anos”, explicou a vice-presidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín na presentación da exposición que foi deseñada por Ora galega e financiada pola institución provincial.

De facto, o autobús incorpora materiais interactivos, vídeo e música, realizados por rostros coñecidos da escena galega.

También te podría gustar...