1,5 millóns de euros en equipamento para o novo eficificio de hospitalización do CHUO

  • Conta cun orzamento de 1.498.802 euros para adquisición de camas e sillóns de pacientes destinados ao novo edificio, que contará cunha capacidade máxima de 494 camas
  • Complementa a xa licitada para equipamento das unidades de Hospitalización Experimental, que ascendeu a 626.000 euros.
  • A cuberta do novo edificio ven de ser adaptada para seu uso terapéutico, mediante un orzamento de 198.162,89 euros, mentres se ultiman os concursos de equipamento de cociña, salas de docencia, etc.

 

logo_DOGO Diario Oficial da Unión Europea ven de publicar o anuncio, da Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, para a adquisición, pola vía de procedemento aberto multicriterio, de mobiliario para o novo Edificio de Hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), por un orzamento de 1.498.802 euros.

Este equipamento enmárcase na dispoñibilidade de recursos adicionais por parte da Xunta de Galicia, derivados do cumprimento do déficit, e que se destinarán á actuacións de mellora en catro grandes sectores que inclúen o ámbito da saúde, concretándose no incremento da actividade asistencial, a posta en marcha de novos centros de saúde e equipamento e dotación tecnolóxica da rede hospitalaria pública.

O equipamento de hospitalización, camas e sillóns de pacientes, engádese así á recente adxudicación, por valor de 626.000 euros, de diversos lotes de equipamento electromédico e mobiliario con destino ás Unidades de Hospitalización Experimental deste mesmo edificio, actualmente nunha fase moi avanzada das obras, que contará cunha capacidade máxima de ingreso de 494 camas.

Este último equipamento experimental, xa a disposición do CHUO, e pendente do remate das obras para súa instalación, inclúe ademais do mobiliario específico para as unidades de hospitalización experimental (53 camas, sillóns de pacientes e acompañantes), ecógrafos portátiles de última xeración, así como distinto equipamento avanzado, previsto para o desenvolvemento dalgúns dos proxectos do H2050, como os que dirixirán os servizos de Rehabilitación e Psiquiatría.

Xunto eles, neste intre, a Dirección de Recursos Económicos do Sergas ultima os detalles para a licitación de novas partidas dotacionais para o edificio, que inclúen as novas instalacións da nova cociña central, alí situada, e que dará servizo a todo o complexo, así como diferente mobiliario e equipamento para as salas de docencia, espazos comúns, etc.

O hospital do futuro

O H2050 é un gran Plan de Innovación Sanitaria do Sergas, cun investimento de máis de 45 millóns de euros, cofinanciado con Fondos FEDER, dentro do Fondo Tecnolóxico 2007-2013. Inclúe unha carteira de nove proxectos que van desde o que será unha nova forma de xestionar a urxencia hospitalaria, a innovadoras planta de hospitalización experimentais, ou a nova central enerxética, baseada na explotación de recursos renovables e combinación de diferentes fontes de enerxía que permitirá que o CHUO sexa autosostible.

No marco desta liña de innovación no deseño e xestión, tanto das infraestruturas sanitarias como da forma na que estas interactúan co proceso asistencial, a construción do edificio de hospitalización do CHUO, supón unha oportunidade única para a posta en marcha destes novos proxectos de innovación.

198.162 euros para adaptar a nova “Cuberta Terapéutica”

Neste marco, á azotea do edificio, ou cuberta, ata agora de uso residual nas infraestruturas públicas, terá unha utilidade terapéutica, na que se desenvolverán distintos proxectos e programas asistenciais, que se beneficiarán do traballo ao ar libre, nun espazo integrado no hospital pero libre da contorna ás veces hostil dun centro sanitario. Para elo o H2050 inclúe esta área, que ven de ser adaptado para seu novo uso terapéutico, mediante un orzamento de 198.162,89 euros.

Con elo, o CHUO pasará a ser o primeiro hospital de Europa en contar cunha “Cuberta Terapeútica”, incluindo instalacións de Hortos Terapéuticos, Áreas Biosaudables, axardinamento horizontal e vertical, e espazos con utilidades asistenciais, tanto individuais como grupais. Así nela desenvolveranse tanto actividades asistenciais programadas como proxectos de investigación, dos Servizos de Rehabilitación, Neuroloxía, Psiquiatría, Endocrinoloxía e Reumatoloxía e iniciativas de educación para a saúde, para o que a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense espera implicar ás Asociacións de Pacientes e colectivos sociais con interese sanitario.

También te podría gustar...