• Sober celebró hoy el día grande de la XXXIX ‘Feira do Viño de Amandi’
  • María do Ceo fue la encargada de dar el pregón. Al finalizar interpretó ‘María la Portuguesa’ con la Banda de Música de Sober

El alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, hizo un llamamiento en su discurso a la unidad y el trabajo conjunto para que la Ribeira Sacra consiga ser declarada Patrimonio de la Humanidad. Brindó por el Amandi con María do Ceo.

La feria estuvo este año dedicada al Ayuntamiento de O Saviñao, cuya Corporación participó en la feria encabezada por su regidor.

Las bodegas premiadas fueron Don Bernardino, Viña Peón, Finca Cuarta y Val da Lenda.

Barrica: Val da Lenda

Tintos:

  • Don Bernardino
  • Venía Peón 
  • Finca Cuarta

Blanco: Don Bernardino

También se entregó el premio a Rodrigo Coucheiro, autor con el cartel anunciador de la feria. Todos ellos fueron agasajados con piezas de Gundivós.

  • El día grande en imágenes:

 

  • Pregón de María do Ceo:

Moitas gracias ó Sr Alcalde, Don Luís Fernández Guitián, á comisión de festas, ó pobo de Amandi, ó Concello de Sober e a todos os que fan, e fixeron, posible que esta Feira do viño de Amandi chegue ata o seu XXXIX aniversario.

Gracias por me convidar a seren a pregoeira. Eu son máis de música, de cancións, de fados, que de sermóns, discursos, ou conferencias, pero apoiada nas caxatas muscais, tentarei dar un pregón á esta Feira do viño de Amandi, que non deixe lugar ás dúbidas de que o viño é o noso mas fiel compañeiro, casi que como o noso can ou a nosa sombra.

Para quen non me coñeza, decirlle que o meu nome é María do Ceo. Son cantora, fadista e, como poden ollar, a
pregoeira da Feira do viño de Amandi do 2019…

Vou tentar botar un pouco de leña ó lume, botar viño ó pregón e pregón ó viño para dar de beber ó intelecto.

Como o meu é cantar, vou nutrir o pregón de coplas populares e frases maxistrais respecto ó viño e rematarei cantando unha canción adicada ós viños da Ribeira Sacra, con letra de Armando González e Música de Maria do Ceo, que leva por titulo Ribeira Sacra.

Escomenzo:

AMANDI ven do latín e significa: “Digno de ser amado”, “amable”, “amoroso”. Asi temos que esta festa está erixida a un viño moi especial, como non hai
outro, capaz de amar e de que se lle ame, un viño amable, amante, amoroso…

Moito se ten falado e escrito sobre o viño. O refraneiro está cheo de alusións que nos serven para decatarmos coa sabedoria popular:

Sobre a calidade dos caldos: A adega cheira ó viño que ten A internacionalidade do viño: A cuba do bo viño non necesita bandeira. A perda do xuizo: A muller e o viño sacan o home de tino Ou as propiedades para arranxar o mundo: Dispois de comer e beber, cada un da o seu parecer

Homes de recoñecido prestixio deixaron pegada co seus sabidos consellos falando do viño:

De Eurípides, o poeta trágico griego: “Onde non hai viño, non hai amor”.

De Platón: O viño é o leite dos anciáns. Os nenos deberían abstenerse de beber bebidas con alcohol ata a idade de 18 anos dado que non é bo botar aceite ó lume. De Avicena, Médico persa nacido no ano 980 despois de Cristo: “O viño é o amigo do sabio e o inimigo do borracho. É amargo e útil como o consello do filósofo, está permitido á xente e prohibido ós imbéciles. Empuxa ó estúpido hacia as tebras e guía ó sabio hacia Dios.

De Plinio: O home débelle ó viño seren ó único animal que bebe sen ter sede.

De Dante Alighieri, o poeta “O viño sementa poesía nos corazons”.

De Luis Fernando Olaverri. “ O viño é a única obra de arte, que se pode beber.”

Do escritor Alexandre Dumas, “O viño é a parte intelectual dun xantar. As carnes e legumes non son máis que a parte material”.

Do compositor Gustav Mahler: “Un vaso de viño no momento oportuno, vale máis que todas as riquezas da tierra”.

Do poeta Federico García Lorca. “Me gustaría ser todo de vino y beberme yo mismo”. Do director de cine, Federico Fellini,: ” O bo viño é coma unha boa película: dura un instante e te deixa na boca un sabor a gloria; é novo en cada sorbo e, como ocorre coas películas, nace e renace en cada saboreador”.

Do escritor Ernest Hemingway: “O viño é a cousa máis civilizada do mundo”.

Do escritor de Mondoñedo Alvaro Cunqueiro, gran amante dos viños: “Ós galegos gustannos os nosos viños. Cicais porque teñen máis gañas de falar que nos, ou porque teñen un sabor fuxitivo e, buscándoselo, rememoramos tempos, lugares, amores, despedidas…”.

O actor Humphrey Bogart, coñecedor pola práctica do viño, dicía:. “O mundo enteiro ten, máis ou menos, tres vasos de vino de retraso”.

George Brassens, sarcástico cantautor francés dicía: O mellor viño non é necesariamente o máis caro, se non o que se comparte.

Miguel de Cervantes puxo en labios de “Don Quijote” un sabio consello: Sé templado en el beber, considerando que el vino demasiado, ni guarda secreto, ni cumple palabra.

Winston Churchill, dixo: O alcohol deume máis que me quitou.

De Sir Alexander Fleming, o descobridor da penicilina: Se a penicilina cura ós homes, o viño fainos felices.

De Víctor Hugo: Deus non fixo máis que a agua, mais o home fixo o viño.

De Omar Khayyam: Se os amantes do viño e do amor van ao inferno…, vacío debe estar o paraíso.

O eminente bacteriólogo francés Louis Pasteur, dixo: “Hai máis filosofía e sabedoría nunha botella de viño, que en todos os libros”.

De Bernardo Piuma: “El que al mundo vino y no toma vino, ¿a qué vino? “

Do Verinés Roberto Verino “Un viño é ideal cando un lamenta ter rematada a botella.”

De Karl Marx: Tende coidado de confiar en alguén ó que non lle guste o viño.” De Martín Lutero: “Aquel al que no le gusta el vino, ni el canto, ni la mujer, será un necio toda su vida.” O Romance a Luis de Vargas de Fernando de Villalón), Dí: Echa vino montañés que lo paga Luis de Vargas, el que a los pobres socorre y a los, y a los ricos avasalla.

Pero nada como o floklore, as coplas populares, para aclararnos conceptos fundamentais da socioloxia composta polo home e o viño:

O viño provoca situacións máxicas e increíbles: Fun á taberna do meu compadre, fun polo vento e vin polo aire: e como é cousa de encantamento fun polo aire e vin polo vento.

O viño é coma se fora da familia: O viño branco é meu primo, e o tinto é meu parente, non hai sitio no meu corpo onde meu primo non entre. O viño leva a murmuración: Murmuraban as miñas veciñas que eu andaba co crego nas viñas: eso é verdá, eu non o nego, que eu andiven a loitas co crego.

Pero moito se xuntan o viño e os cregos: O cura vendeu, vendeu e non tiña que vender; vendeu o rabo da besta, borrachón, para beber. E ata os santos non libran,… o Santo que non bebe e máis milgreiro:

San Antón, San Antoniño, Santo que non bebes viño, dame forza no carallo como ao porco no fouciño…

Sobre a borracheira e a oportunidade: Cada vez que te emborrachas, Manuel, ti xa vés en busca miña, Manuel, ai Manueliño, Manuel, ai Manueliño, Manuel, ogallá te emborracharas, Manuel, a todas horas do día, Manuel,
Sobre a vendima: Vendima, vendimadoira, na vendima do teu pai, heiche de come-las uvas, que outra cousa non cha hai ailalara, ailalará … Iste cantar da vendima éche un cantar moi meiguiño, iste cantar é da terra onde se fai o bo viño ailalara, ailalará … Sobre o tempo que se vai: Desoutro lado do río teño unha parriña de uvas, e o barqueiro non me pasa, e elas caen de maduras.

O folklore portugués, non é menos:

De formalismo: Numa casa portuguesa fica bem Pão e vinho sobre a mesa E se à porta humildemente bate alguém, Senta-se à mesa com a gente…

De como o viño nos fai perder o control: Ouça la, ó senhor vinho Vai responder-me, mas com franqueza, Porque é que tira toda a firmeza A quem encontra no seu caminho? Não digam mal do vinho Vinho é sempe vinho, seja tinto, seja branco e se fôr amandi, mellor gosto dele tanto, tanto Vinho é sempre vinho, seja velho, seja novo E por isso o vinho é a alegria do povo

Fado e Vinho Juntam-se as mesas de pinho, Porque a ceia já fumega Naquela tipica adega Onde o vinho sabe a vinho!

Por entre a loiça de barro, Há canecas desvidradas E canjirões já com sarro, Lembrando noites passadas!

“E enquanto se arranja, P’ra dar cor à festa, A graça modesta De um xaile de franja,

Vamos nós à ceia, Que a adega está cheia De vinho afamado.

E pronto. Agora, Que está na hora, Ajeita a samarra,

Dedilha a guitarra E vamos ao fado…”

Como aqui ninguém é mudo, Tudo canta à desgarrada; Quem não cantar paga tudo, Quem cantar não paga nada!

Que tudo beba a meu lado, E cante à sua maneira; – Não quero ceia sem fado, Nem fado sem bebedeira!

E como dice este Fado. Pois dar de beber á dor é o melhor, ja decía a Mariquinhas.

Como xa dixen no prinicipio, quero rematar este pregón, cantando para todos vostedes unha canción composta por min , con letra de Armando González, adicada ós viños da Riboira Sacrata.

RIBEIRA SACRA Pendurada ó Sil, calma e valente, engaiolas o sol coas cepeiras, sorbes da terra dozuras meigas: matriz miuda, meloso abrente. Caste que agromas do mesmo cerne terra fecunda: Lugo e Ourense, ¡leda os lindeiros cachos que ó leste tintan e arrolan uvas no berce! Ribeira Sacra padal de mestres, catedral de goios e videiras, acios gabados da cor campeira, gallardos caldos de bagos febles.

Ribeira Sacra viño fulxente, revistes de veludo e xaneira o grolo lento de lumieira. ¡Engrea a quen te cata mainamente!

Dende a rodriga polas pendentes, deica a desfolla nas túas ladeiras, enches bacelos, colmas ringleiras, dos vindeiros caldos excelentes.

Ribeira Sacra flor que recendes, cor de picota, tella e cereixa, gusto de amora, arando e grosella, prez de madeira, beizón silente. Ribeira Sacra viño fulxente, revistes de veludo e xaneira o grolo lento de lumieira. ¡Engrea a quen te cata mainamente!

Moitas gracias. ¡¡ Viva Sober e Viva o viño de Amandi !