Entrega de libros sobre igualdade no Incio

  • Ao CEIP Ricardo Gasset

O alcalde do Concello do Incio, Héctor Corujo, fixo entrega hoxe dun lote de libros ao CEIP Ricardo Gasset con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

Os libros que o Goberno local doa ao colexio están relacionados coa temática da igualdade. A lista foi elaborada pola dirección do colexio coa colaboración da AMPA.

O centro empregará o material para traballar na campaña ‘O Incio di non á violencia contra as mulleres’, unha actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, mediante a cal os nenos e nenas farán lectura didácticas, actividades de concienciación e a elaboración dun videoclip.

Desde o Concello do Incio destacan a importancia de concienciar e traballar cos nenos e nenas en materia de igualdade desde a infancia.

Tamén se colocou un lazo violeta na Casa Consistorial.